Google+ Redes e Cousas: LOPD: Obrigas do titular do ficheiro

ticker

Lo Último

viernes, 15 de febrero de 2013

LOPD: Obrigas do titular do ficheiro

LOPD: Obrigas do titular do ficheiro

LOPD
O titular do ficheiro ten a obriga de informar á persoa afectada cando se recollen os seus datos quen, como e para que se tratan os seus datos.

Para isto a persoa interesada debe ser informada antes de que se traten os seus datos das seguintes cuestións:
  • A existencia do ficheiro.
  • Os destinatarios da información.
  • O carácter obrigatorio ou facultativo de contestar as preguntas do formulario.
  • As consecuencias da obtención dos datos ou de non subministralos.
  • A posibilidade que ten a persoa interesada de cancelar e modificar estes datos.
  • A identidade do responsable do ficheiro de datos.

No caso de que os datos non foran directamente pedidos á persoa interesada, o responsable do ficheiro  ten o deber de comunicarllo nun prazo máximo de tres meses desde a súa inclusión no rexistro de datos. Esta obriga non se ten en conta nos seguintes casos:

1. Cando os datos sirvan para fins históricos, científicos ou estatísticos.

2. Cando os datos procedan de fontes accesibles ao público (nome, enderezo) que poidan ser usados para publicidade ou prospección comercial. Neste último caso tan só se informará á persoa interesada dos seus dereitos e da orixe dos datos no momento no que reciba esta publicidade.

3. Cando expresamente unha lei o prevexa.
4. Cando a información á persoa interesada, segundo criterio da AEPD, resulte imposible ou implique esforzos desproporcionados

Enlaces relacionados: 
A calidade dos datos según a LOPD 

No hay comentarios :

Publicar un comentario