Google+ Redes e Cousas: Códigos QR: Vender usando

ticker

Lo Último

sábado, 25 de mayo de 2013

Códigos QR: Vender usando

Como vender usando Códigos QR

 QR para Marketing on Line.

¿Qué é un código QR?

Os códigos QR son un sistema gráfico creado para almacenar información.

As siglas corresponden co termos ingles “Quick Response”, que significa "Resposta Rápida", porque o contido leese a alta velocidade.
Forno inventados no Xapón co fin de proporcionar un sistema de codificación de alta velocidade capaz de almacenar mais contidos que os clásicos códigos de barras.
A mellora respecto os códigos de barras tradicionais é que pasan de ter unha serie de barras que poden gardar un máximo de 20 caracteres a empregar unha matriz cuadrada feita de cadradiños brancos ou mouros. Este xeito de almacenamento é cen veces maior que o clásico e ten unha maior tolerancia a erros de lectura

Estes códigos  poden ser leidos por calqueira lector de imaxes (dispositivos móbiles) e interpretados por eles. 
Mentras que os códigos de barras unicamente admiten formatos numéricos, os QR danlle soporte a formato texto, SMS, enlaces a páxinas WEB e incluso información binaria.

Os usos que poden ter estes códigos nunha estratexia de marketing son innumerables. Os mais comúns poden ser:
  • Contacto coa empresa
  • Redireccionar a unha páxina WEB mobil.
  • Enlazar a redes sociais.
  • Descarga de aplicacións.
  • Votar, realizar enquisas ou concursos.

Como vender usando Códigos QR

A conta de unha noticia aparecida na Voz de Galicia arredor dos códigos QR e unha peculiar campaña arrancada pola xerente de "Gusto Selecto", tenda delicatesen ubicada na rúa Rosalía de Castro en Vigo, comentamos testar a posibilidade de elaborar campaña con estes códigos coas nosas clientas de "Alimentación Abreu", neste caso centrandonos no tema dos conxelados.

A idea basease en ofrecer enlaces en formato QR colocados a beira do producto en venta, de tal xeito que se lle facilite á clienta a posibilidade de "fabricar" a receta no propio local. (Todas sabemos o engorro que supón ter que elaborar un menú diariamente sen aburrir ás nosas familias).

Para traballar esta aproximación a unha campaña QR empregamos as seguintes ferramentas:

Edición de imaxes: GIMP
Maketación gráficos vectoriais: Inkscape
Ferramentas de difusión dixital: Páxina (Fan Page) do Facebook.
QR:Ventaxas do sistema: 
  •  Facilitar menú para o día.
Un producto entra polos ollos e a rede nos dice como preparalo.
  •  incremento de ventas:
A clienta consulta a receta no seu smartphone e decide complementar a compra no mesmo instante en función do que necesita para rematar a receita.
  •  Fidelización da clientela: 
Posibilidade de obter clientela extra cando non saben que facer de menú.

QR (Bidi) Desventaxas:

.- Compre diseñar tácticas de marketing en función de temporada e analise das consumidoras. (require entrenamento)

¿ocurreseche algunha outra?

Enlaces Relacionados:
Por certo, o QR da miña tarxeta.


Licenza de Creative Commons
Codigos QR; vender usando by Manuel Freiría está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported.

No hay comentarios :

Publicar un comentario