Cando estableceuse no apartado 4 do artigo 18 da Constitución do Estado Español de 1978, que a lei limitaría "o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos", manifestaba as preocupadcións polas posibles repercusións negativas que un uso inade cuado dos avances informáticos podían ter sobre os dereitos das persoas e as súa intimidade.
Coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal trátase de buscar un punto de equilibrio entre a privacidade da cidadanía e os intereses de todos aqueles que precisan datos de carácter persoal para desenvolver as súas actividades.
A normativa que regula a garantía e a protección dos datos están recollidas en dous documentos principalemente:
A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, no sucesivo LOPD.
O Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro de desenvolvemento da Lei Orgánica de Protección de Datos.
Glosario de Termos relacionados coa LOPD.
A L.O.P.D. by Manuel Freiría está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported.
No hay comentarios :
Publicar un comentario